lunes, 23 de marzo de 2020

Musica Susana


EDUCACIÓN  MUSICAL.SEXTO DE PRIMARIA

Estimadas familias:
 Ante todo, quixera transmitirvos tranquilidade e moito ánimo. Nesta situación de alerta sanitaria, lembrade que o que máis necesitan os vosos fillos e fillas é sentirse arropados e queridos. Cando regresen ó cole, todos poranse ó día. Mentres, podemos axudalos na súa planificación e tamén aproveitar para desenvolver a súa autonomía . Levar certa rutina a cotío axudará , ainda que ésta sexa flexible.
As seguintes propostas non son obrigatorias nin avaliables, pero sí recomendables:

1.                 Actividades para aprender música xogando: https://aprendomusica.com/
(enlace fallido, no funciona)

2. Web para crear melodías e ritmos empregando efectos e voces. A composición final pódese gravar e compartir. Está xenial! https://www.incredibox.com/ 

3. Realización de instrumentos caseiros con material de refugallo. De corda, vento ou percusión. Buscaremos que a calidade do son sexa a mellor posible, que amose  inxenio e orixinalidade.

4. .Cantade todo o que poidades!!! Cantigas de todo tipo, non só as que cantamos no cole, senón as vosas cancións favoritas… Mellor se visualizades a letra, así practicades tamén a lectura, sobre todo se está en inglés, francés...

5. Inventade coreografías. Movede o corpo ó ritmo da música!

 6. Instrumentos da orquesta (repaso): https://youtu.be/RHAklmqlvRI


     Coidádevos moito. Un saúdo, Susana ( Educación Musical )

No hay comentarios:

Publicar un comentario